Novas

09.03.2020
O director xeral da Agader fai un chamamento á unión de forzas no rural para promocionar e potenciar os seus produtos de calidade diferenciada
Miguel Pérez Dubois acudiu á sinatura dun convenio entre a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, a Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia e a IXP Mel de Galicia. O obxectivo do acordo é traballar na valorización do mel e das súas potencialidades.