Novas

26.02.2019
Reunión ao abeiro do convenio de colaboración para a observación da mobilidade e o mercado da terra de Galicia
Reunión do Observatorio Mobilidade e Mercado da Terra en Galicia
A reunión de hoxe, celebrada na sede de Agader, tivo carácter técnico e nela estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do convenio de colaboración para a observación da mobilidade e o mercado da terra de Galicia.

Os asuntos tratados centráronse fundamentalmente na análise dos datos e indicadores do informe anual de 2018 sobre prezos e mobilidade de terra rústica en Galicia que vai ser presentado en breve.