Novas

04.03.2020
A Xunta colabora co concello do Irixo para a constitución dunha agrupación de xestión forestal conxunta coa que se recuperarán máis de 170 hectáreas
A Xunta colabora co concello do Irixo para a constitución dunha agrupación de xestión forestal
Esta figura contemplada na futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria persegue a explotación e aproveitamento conxunto dos terreos forestais buscando tanto beneficios económicos como sociais e medioambientais. Canto á aldea modelo de Trabazón, José González supervisou os traballos de limpeza e destacou que se logrou poñer de acordo a unha trintena de propietarios de 220 parcelas para devolver á produción as terras próximas ás vivendas.