Novas

28.02.2020
A Xunta forma ao Goberno asturiano para a posta en valor e recuperación da terra agraria e en materia de xestión forestal
A Xunta forma ao Goberno asturiano para a posta en valor e recuperación da terra agraria e en materia de xestión forestal
Os representantes asturianos interesáronse por figuras como as aldeas modelo e os proxectos piloto dos polígonos agroforestais, cos que o Goberno galego mobilizará este ano máis de 5000 hectáreas. Canto á xestión forestal, as conversas centráronse no traballo da Xunta na busca da multifuncionalidade e sustentabilidade económica, ambiental e social do monte, cun propósito firme de anticipación aos incendios. O encontro rematou cunha visita á aldea modelo de Osmo, no concello ourensán de Cenlle, onde están a piques de rematar cos traballos de limpeza.