Novas

22.03.2024
A Xunta pon en valor as axudas de 840.000 euros destinadas ás estratexias de desenvolvemento rural para seguir dinamizando o territorio
axudas de 840.000 euros destinadas ás estratexias de desenvolvemento rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe no acto de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 2023-2027 e da nova marca corporativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, que tivo lugar en Salceda de Caselas.

A directora xeral puxo en valor que a Axencia, dependente da Consellería do Medio Rural, as axudas concedidas pola Xunta para levar a cabo estas estratexias, nas que se destinaron 840.000 euros entre os anos 2022 e 2023. A Axencia está a traballar de forma conxunta cos GDR para acadar as metas establecidas dentro das políticas europeas, que afectan ao desenvolvemento local participativo e buscan fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais e promover o emprego, o crecemento, a inclusión social e o desenvolvemento local en zonas rurais, incluíndo a bioeconomía e a silvicultura sostible.