Vostede está aquí

Novas

30.01.2017
Os interesados nas axudas do Leader que xestionan os grupos de desenvolvemento rural poden presentar dende mañá as súas solicitudes Ángeles Vázquez reuniuse coa xunta directiva do GDR Mariñas-Betanzos
Así o establece a correspondente convocatoria que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia e que está dotada con 21,1 millóns de euros para os anos 2017 e 2018. A conselleira do Medio Rural destacou a importancia destas achegas, que suporán a inxección de 84 millóns de euros para o agro galego ata o 2020, cando remata o período de vixencia deste programa europeo. Ángeles Vázquez reuniuse coa xunta directiva do GDR Mariñas-Betanzos e animou aos seus responsables a xestionar coa maior eficacia e eficiencia os fondos dispoñibles.
30.01.2017
Proceso de selección de persoal do GDR 19 - Asociación Terras de Compostela
Resultado das entrevistas persoais do proceso de selección dun posto de xerente e outro de técnico/a para a execución do programa Leader 2014-2020.
30.01.2017
Proceso de selección de persoal do GDR 13 - Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta
Valoración dos méritos acreditados polos aspirantes do proceso selección dun posto de xerente e outro de administrativo/a para a execución do programa Leader 2014-2020.
30.01.2017
Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018
Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Páxinas