A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe á clausura da mostra fotográfica De cando as vacas son vacas, de José Luis Míguez, tras máis de dous meses exposta na Casa Museo de María Antonia Dans, situada no concello de Curtis.
A conselleira María José Gómez visitou hoxe as obras executadas ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, cunha axuda de algo máis de 58.000 euros para mellorar os camiños no Mazo e Moreiras. Lembrou que a convocatoria do Plan Camiña Rural para o período 2026-2027 xa se publicou cunha dotación total de preto de 19 millóns de euros. Dende o ano 2016, a Xunta ten actuado en case 6.700 camiños que abranguen unha lonxitude total de arredor de 5.200 quilómetros, cun importe de axudas de preto de 156 millóns de euros.
Subliña que nestas máis de tres décadas permitiu “consolidar 7.300 empregos e crear outros 5.300”. Lembra que o mes pasado a Xunta publicou unha convocatoria histórica destes fondos, dotada con 28,7 M€ ata 2028. Reclama unha Política Agraria Común forte e con fondos suficientes e diferenciados. Pon en valor o traballo dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para “darlle vida ao rural” e que “os 313 concellos teñan un equilibrio para poder seguir vivindo cada un onde queira”.







