Axudas á conservación da paisaxe na Ribeira Sacra

Axudas destinadas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, convocatoria 2026.

Descarga a convocatoria facendo clic aquí.

 

Persoas beneficiarias

Persoas físicas e xurídicas viticultoras inscritas no rexistro do Consello Regulador DOP Ribeira Sacra.

 

Documentación a presentar

· Solicitude (Anexo I).
· Autorización da representación, no caso de persoas físicas que actúen a través de representante (Anexo II).
· No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos, nos que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

 

Contía da axuda

A contía individualizada da axuda para cada persoa beneficiaria será, como máximo, de 2.000 € por hectárea para o sistema de cultivo tipo 1 e de 1.000 € por hectárea para o sistema de cultivo tipo 2.

Para estes efectos, o sistema de cultivo tipo 1, refírese ó cultivo da vide en socalcos de pedra onde o traballo realízase de forma non mecanizada, este tipo de cultivo corresponde co bancal tradicional certificado polo Consello Regulador da DOP Ribeira Sacra, o sistema de cultivo tipo 2, refírese ó cultivo da vide sen socalcos ou mediante traballo mecanizado.

 

Prazo

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 9 de febreiro de 2026.

 

Forma de presentación

Vía electrónica a través do formulario normalizado MR451B dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sede electrónica

 

Máis información

Na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Nos teléfonos da Axencia:

981 547 369
881 997 267
881 997 264

De xeito presencial na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 547 369.