A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe nunha charla-coloquio con estudantes dos ciclos superiores que se imparten no centro EFA Fonteboa. Rodríguez destacou a importancia da formación da mocidade para a profesionalización do sector agrogandeiro, a remuda xeracional e o desenvolvemento rural.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou que este proceso de reestruturación contou cun investimento de algo máis dun millón de euros e abrangue unha superficie total de 314 hectáreas, propiedade de 298 titulares.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe o local social da parroquia de Carral, no concello lucense de Begonte. Alí, salientou a importancia deste tipo de infraestruturas, que se constitúen como un punto de encontro de referencia para a veciñanza da zona.








