Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na entrega dos boletíns individuais da propiedade ás persoas interesadas. Sinalou que este instrumento contribúe a paliar o minifundismo existente na comunidade e a incrementar o valor das terras, ao tempo que evita o seu abandono e aumenta a base territorial das explotacións. Desde o ano 2020 rematáronse un total de 40 concentracións parcelarias e dende o 2021 decretáronse 33 novas, un camiño no que se afondará, pois está previsto entregar 25 antes de 2028.

Anuncio comisión de servizos para Técnico de habilitación e persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A conselleira do Medio Rural comprobou hoxe os avances das obras de adecuación e ampliación do local social de Carral, que conta cun investimento por parte do Goberno galego de máis de 170.000 euros. Salientou que, a través desta iniciativa, a veciñanza de Begonte verá mellorada a calidade dos espazos comúns de uso público. A maiores puxo en valor as achegas do programa Leader neste municipio, que se sitúa preto doutros 170.000 euros para financiar diferentes proxectos que contribúan a dinamizar estas contornas.
 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería  do Medio Rural, destinou 13.400 euros á mellora do local social de Quiroga. A achega concedida, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, supón o 90% do orzamento total.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas