A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou que este proceso de reestruturación contou cun investimento de algo máis dun millón de euros e abrangue unha superficie total de 314 hectáreas, propiedade de 298 titulares.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na entrega de títulos da concentración parcelaria de Amoroce, situada no concello ourensán de Celanova, que permitiu multiplicar por cinco a superficie media dos predios, pasando de 641 metros cadrados a 3.333.
Tal e como explicou a directora xeral, este proceso de reestruturación, que contou cun investimento de algo máis dun millón de euros, abrangue unha superficie total de 314 hectáreas, propiedade de 298 titulares.
Neste sentido, Paz Rodríguez destacou a importancia que teñen este tipo de iniciativas para a nosa comunidade, xa que permiten paliar o minifundismo existente en Galicia e incrementar o valor das terras. Ademais, contribúe a aumentar a base territorial das explotacións e a evitar o abandono de terras produtivas.
