Acto de entrega XVI Premios ao Desenvolvemento Rural 2025
Iniciativas gañadoras XVI Premios ao Desenvolvemento Rural 2025
Categoría Mocidade
| 1º PREMIO: Orixe Salgada SL | 2º PREMIO: Asociacion agrupación musical do Rosal |
Categoría Proxectos de interese social
| 1º PREMIO: Natali Asorey Zorraquino | 2º PREMIO: Club Fluvial de Monforte |
Categoría Sector agrogandeiro
| 1º PREMIO: Fogar do Santiso SL | 2º PREMIO: Traloagro SL |
Categoría Mulleres
| 1º PREMIO: Laura Vallejo Castro | 2º PREMIO: María Elena Ferro Lamela |
Categoría Innovación tecnolóxica
| 1º PREMIO: Enzicas BIO SL | 2º PREMIO: Agroimpact SL |
Categoría Recuperación e posta en valor da terra agraria
| 1º PREMIO: Roberto Regal López | 2º PREMIO: Landeira Alimentación SL |
Galería de imaxes XVI Premios ao Desenvolvemento Rural 2025
- Información da convocatoria dos XVI Premios ao Desenvolvemento rural
-
Destinatarios
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Documentación a presentar
· Solicitude, (anexo I). · Autorización da representación, (anexo II) se é o caso. · Se a persoa que presenta a candidatura é unha persoa xurídica: documento acreditativo da constitución da entidade e poder suficiente da persoa representante para actuar no nome da entidade solicitante. · Se a persoa que presenta a candidatura é un empresario individual: documentación que xustifique a afiliación ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social. · Calquera outra documentación que a persoa/entidade promotora da iniciativa considere interesante, tal como publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e, en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a iniciativa que se presenta (máximo 5 follas por ambos lados). Prazo
O prazo para presentar as candidaturas rematará o 28 de agosto de 2025.
Premios
En cada categoría concederase un primeiro premio cunha dotación de 10.000€ e un segundo premio cunha dotación de 3.000€.
Categorías
· Mocidade · Proxectos de interese social · Sector agro-gandeiro · Mulleres · Innovación tecnolóxica · Recuperación e posta en valor da terra agraria Forma de presentación
Vía electrónica a través do formulario normalizado MR709A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (anexo I).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..
Máis información
Na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.
No teléfono 981 545 858 (Secretaría Xeral, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).
De maneira presencial na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858.
Documentación

