Proxecto Paisactivo: Paisaxes cortalumes, activación do espazo rural para un territorio resiliente

 

O proxecto Paisactivo entende que as aldeas e a paisaxe na que se integran deben ir da man para acadar a resiliencia. Deter o declive de ambos pasa por reconectalos.

Antecedentes

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é a entidade responsable da xestión dos instrumentos destinados para acadar os fins e obxectivos da Lei 11/2021, de recuperación do terra agraria de Galicia. A recuperación dos terreos agrícolas require unha planificación da paisaxe agrícola que permita crear ecosistemas con capacidade de recuperación perturbacións (por exemplo, grandes incendios), polo que se pretende unha zonificación de usos que evite a destruturación da paisaxe ou a súa homoxeneización, ou a continuidade das masas arbóreas que poidan supor risco de incendio.
 
Por outra banda, o Programa Portugués de Transformación da Paisaxe, que xestiona a Direçâo Geral do Territorio, ten semellanzas e diferenzas con algunhas das figuras recollidas na Lei da mobilidade de terras en Galicia, polo  que compartindo experiencias e aprendizaxes se pode mellorar a aplicación de instrumentos como aldeas modelo ou polígonos agroforestais, e tamén do Programa de Transformación da Paisaxe de Portugal, proxectando unha paisaxe que responda aos retos do cambio climático e que favoreza a resiliencia territorial, en particular das aldeas.

 

 

Obxectivo principal do proxecto

Aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios mediante a posta en valor e mellora da xestión sostible dos terreos agroforestais ao tempo que se protexe e dinamiza os asentamentos rurais e se fomenta a súa sustentabilidade.

Para iso, abordarase a problemática desde unha perspectiva territorial e holística e desenvolverase un novo instrumento de planificación e actuación integral e innovador os Proxectos Territoriais Modelo, que acheguen un enfoque actualmente ausente e que avancen coñecementos, ferramentas, prácticas e cooperación necesario para implementalo.

Se traballará desde Galicia na Aldea Modelo de Infesta, no Concello de Monterrei, e en Portugal na aldea de Almofrela, no Concello de Baiâo, utilizando estas aldeas como “living labs” do medio rural.

As Aldeas Modelo xurden en Galicia como un instrumento de recuperación da terra agraria, que ten como obxectivo poñer en produción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

O proxecto tamén velará pola difusión territorial e temporal destes novos modelos promovendo a creación da Rede Transfronteiriza de Modelos de Proxectos Territoriais para a xestión activa do espazo rural "Red Ruractiva" e impulsando a integración das novas xeracións a través do “Programa academia na aldea".

 

Socios

O proxecto Paisactivo está coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e conta con socios galegos como a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juana de Vega e o Concello de Monterrei.

Por parte de Portugal participan a Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa, o Municipio de Baião, o Centro de Estudos de Geografia e Ordenamento do Território (FLUP) da Universidade de Porto e a Direção-Geral do Território.

Financiación

O proxecto está financiado ao 75% polo Programa de Cooperación Interreg VI A España - Portugal (POCTEP) 2021-2027 e ten un presuposto total de 1.581.486,26€.

O obxectivo específico do proxecto será favorecer a adaptacion ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques basados nos servizos ecosistémicos.

 

Periodo de execución

Dende o 1 de setembro de 2023 ata o 30 de outubro de 2026.

 

Páxina web do proxecto:

http://www.paisactivo.eu

 

Redes sociais: