Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse de obxectivos temáticos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.

O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse o 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/programas-operativos-2014-2020/po-feder-galicia-2014-2020

De conformidade co recollido na epígrafe Comunicación a través da web da Guía de Comunicación do P.O. FEDER Galicia 2014-2020, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural habilitará un apartado específico na súa web que permita consultar a información relacionada co desenvolvemento das operacións das que é responsable.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural desenvolve unha actuación dentro do marco do obxectivo específico que se detalla a continuación, como parte da resposta da Unión á pandemia de Covid-19:

Obxectivo Temático 13 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da Economía
Prioridade de Investimento 13i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Obxectivo específico 20.1.4 – OE REACT-UE 4 Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde
Actuación CPSO 20.1.4.10 Elaboración do instrumento de planificación agraria: mapa de usos agroforestais de Galicia

 

Neste marco, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural puxo en marcha a contratación do Servizo de información xeográfica para a planificación da ordenación e xestión de usos das terras agroforestais de Galicia, co fin de elaborar o Mapa de usos de Galicia actual, con data de referencia 2020/2021, así como o histórico a data de 1956, e a proposta de sistemas agrarios de alto valor natural de Galicia.

A elaboración destes documentos son o instrumento de planificación que sirve de punto de partida para a planificación e xestión de usos agroforestais mediante a posterior elaboración dos catálogos de solos agropecuarios e forestais.

O Mapa de usos agroforestais de Galicia é un instrumento de planificación (documento técnico) establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio de recuperación da  terra agraria de Galicia (DOG núm. 94, do 21 de maio). O instrumento servirá para a planificación das actuacións do conxunto das administracións públicas, entidades do sector público con competencias en materia de desenvolvemento rural e as entidades privadas interesadas en levar a cabo iniciativas de recuperación e produción agraria sostible. 

A planificación dos usos do solo facilita unha maior eficiencia económica das actividades agrarias ao tempo que se garante a súa sostibilidade ambiental e se favorece a cohesión social do territorio rural. Máis concretamente, este instrumento de planificación agraria constitúe o marco para a posta en marcha dos distintos instrumentos de mobilización e recuperación da terra agraria (banco de terras, polígonos agroforestais, aldeas modelo e agrupacións de xestión conxunta) cara a un modelo máis sostible e respectuoso co el medio ambiente, ao tempo que se combate el reto demográfico e se crean ecosistemas agroforestais produtivos e resilientes al cambio climático, en concreto, fronte aos grandes incendios forestais e riscos fitosanitarios.

O ámbito de elaboración do instrumento abarca 2.956.158 hectáreas, que se corresponden coa superficie da Comunidade Autónoma de Galicia e o ámbito territorial de aplicación abarca 2.686.855 hectáreas, que se corresponden coa superficie de recintos de Sistema de Información Xeográfico de Parcelas Agrarias do 2020 con uso agrario. Pódese obter máis información sobre a contratación desta actuación no seguinte enlace:  https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=32&OR=32&SORT=2&ORDER=2