Vostede está aquí
Novas
27.09.2023
A Xunta clausura o proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural
A Xunta clausura o proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural

Na iniciativa participaron os GDR Costa da Morte, Ribeira Sacra-Courel, Comarca de Ordes, Terras de Compostela e a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa. O orzamento total do proxecto foi de 166.600 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural.
26.09.2023
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de Subdirector/a de Mobilidade de Terras
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de Subdirector/a de Mobilidade de Terras

Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
26.09.2023
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de Subdirector/a de Promoción Internacional e Rural Intelixente.
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de Subdirector/a de Promoción Internacional e Rural Intelixente.

Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
22.09.2023
A Xunta impulsa o polígono de Barzamedelle eliminando 33 hectáreas de acacias para controlar esta especie invasora e facilitar a investigación da titularidade dos predios
A Xunta impulsa o polígono de Barzamedelle eliminando 33 hectáreas de acacias para controlar esta especie invasora e facilitar a investigación da titularidade dos predios

José González remarcou o esforzo do Goberno galego na erradicación desta planta, que ocupa preto de 60 das 145,6 hectáreas de superficie do polígono situado na localidade ourensá de Leiro. Destacou tamén a importancia desta actuación, pioneira en enfoque e dimensións, no reforzo da protección da bisbarra do Ribeiro fronte os incendios forestais. Trasladou ademais que tamén se actuou en case seis quilómetros e medio de camiños, para recuperar e mellorar as comunicacións no interior do perímetro. No polígono, que terá unha orientación principal cara viñedo dentro da denominación de orixe Ribeiro, identificáronse xa mediante a investigación da propiedade 183 parcelas de 113 propietarios, o que supón 63 das 145,6 ha que o conforman (un 43%).