Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución da última convocatoria destas axudas, dotadas con máis de 1,5 millóns de euros. Con estas achegas ponse en valor a importancia do sector vinícola para o desenvolvemento económico da zona, así como o labor que realizan os viticultores.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde, Ángel Pérez, e con representantes da comunidade de montes veciñais en man común de Pradeda, para abordar asuntos de interese para os veciños.
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, fixo hoxe entrega dos boletíns das bases deste proceso aos titulares dos terreos. O acto serviu ademais para informar aos propietarios sobre a aprobación das bases de reestruturación parcelaria e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria.
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola cal se aproban as bases reguladoras destes galardóns, que neste 2026 celebran a súa XVII edición. Como principal novidade, incorpórase un terceiro premio para cada categoría dotado cun orzamento de 1.000 euros. Hai un total de seis categorías diferentes: Mocidade, Proxectos de interese social, Sector agro-gandeiro, Mulleres, Innovación tecnolóxica, Recuperación e posta en valor da terra agraria. Trátase duns galardóns con moita importancia para a nosa comunidade, xa que con eles se recoñecen e difunden iniciativas que contribúen a promover o medio rural e a construír unha sociedade rural máis dinámica e con maior cohesión.
Paxinación
