Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros á mellora do local social de Quiroga. A achega concedida, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, supón o 90% do orzamento total.
A conselleira do Medio Rural comprobou hoxe o resultado da actuación levada a cabo para acondicionar a vía entre Seaxe e Francelos, cun investimento de algo máis de 160.000 euros. Destacou tamén os máis de 127.000 euros destinados a este concello a través do Plan Camiña Rural para a mellora de camiños, unhas infraestruturas que cualificou como “estratéxicas” na dinamización social e economía do agro galego. Lembrou que desde o ano 2016 actuouse en case 6.700 camiños, cunha lonxitude total de arredor de 5.200 quilómetros, e un importe de axudas de preto de 156 M€.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, visitou hoxe os traballos de mellora nos camiños de acceso a parcelas en Friol incluído no proxecto de permutas de especial interese agrario na parroquia de Nodar, co que se mobilizaron 162 hectáreas. En concreto nesta parroquia investíronse máis de 60.000 euros e está prevista outra actuación nos núcleos de Busto e A Covariza, cun orzamento de máis de 210.000 euros. No termo municipal estase traballando na declaración de 410 hectáreas máis en dous proxectos de permutas de especial interese agrario, co obxectivo de mobilizar o terreo e evitar o seu abandono.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa do concello coruñés de Vimianzo, Mónica Rodríguez, con quen avaliou novas iniciativas para avanzar na reestruturación de terras neste municipio.
Paxinación
