Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, co obxectivo reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.
As solicitudes das subvencións poderán presentarse no prazo dun mes, contado a partir de mañán.
A conselleira participou en Lugo na presentación da Cátedra Unesco Reservas de Biosfera Atlánticas, que tivo lugar no Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-Ibader da USC. Salientou que iniciativas como esta “contribúen decisivamente” a acadar “un rural vivo, innovador e atractivo, no que a xente poida e queira quedar, vivir e emprender”.
Estas axudas, dotadas con 5 M€, teñen como obxectivo propiciar a revitalización do tecido produtivo e animar o asentamento de persoas en áreas rurais. Poderán beneficiarse todos os concellos de Galicia que desenvolven os seus proxectos en zonas rurais, agás aquelas parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas segundo o IGE. Con estes fondos será posible acometer obras de mellora nas redes de alumeado público; así como executar construcións ou rehabilitación de espazos públicos, dependencias municipais ou instalacións deportivas, entre outras.
Os beneficiarios destas achegas poden ser aquelas persoas viticulturas da zona inscritas no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que, co cultivo da vide, contribúen á súa singularidade paisaxística. A contía individualizada será, como máximo, de 1.000 e de 2.000 euros por hectárea segundo o tipo de cultivo, en función de se é mecanizado ou non mecanizado respectivamente.
Paxinación
