Novas

A directora xeral da Axencia de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe as obras que se están a executar para a posta en valor desta infraestrutura e recuperala para o tráfico rodado.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo co alcalde de Friol, José Ángel Santos, e cunha representación de veciños desta localidade lucense. O encontro serviu para informalos sobre a situación actual e as previsións de futuro en relación coa concentración parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación, que abrangue 402 hectáreas e que beneficia un total de 71 propietarios. Este proceso é o único que permanece aberto no municipio lugués e atópase en fase de bases.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello coruñés de Frades, Roberto Rey, para afondar na súa colaboración en temas como a mellora de infraestruturas rurais e de mobilización de terras.

A titular de Medio Rural afirmou que o novo Marco Financeiro Plurianual pretende substituír a arquitectura de dous piares existente ata o de agora e pon en perigo a viabilidade dos programas de desenvolvemento rural, os fondos de mobilidade de terras ou outros a prol da sucesión de explotacións. Seguindo esta liña, lembrou que onte mesmo se lle trasladou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a necesidade de seguir demandando medidas diferenciadas, con fondos definidos para poder defender os “intereses do rural”.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas