Novas

Resolución do 24 de novembro de 2025 pola que se dá publicidade aos premios concedidos mediante a Resolución do 23 de novembro de 2025 pola que se conceden os Premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia na súa décimo sexta edición.

A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Marta Vázquez, participou na apertura dun simposio sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas rurais. A Consellería do Medio Rural lidera esta iniciativa, na que tamén participa a Axencia Galega da Industria Forestal, coa que se porán en funcionamento dúas redes de calor con caldeira de biomasa nos concellos de Monterrei e Cerdedo-Cotobade.

Anuncio comisión de servizos titulado superior da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Gómez definiu estes galardóns -aos que este ano concorreron máis de 40 proxectos- como “unha mostra viva de que aquí hai xente capaz de transformar o presente e de deseñar o futuro con forza e con visión”. Indicou que ao longo dos anos os premios convertéronse nun símbolo de compromiso e nun recordatorio de que o desenvolvemento sostible é posible cando administracións, profesionais e sociedade civil “camiñamos da man”. Os recoñecementos estrutúranse en seis categorías diferentes, que van desde a mocidade ata a recuperación de terras, pasando polos proxectos de interese social, o sector agrogandeiro, as mulleres e a innovación tecnolóxica.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas