Novas

Anuncio comisión de servizos Secretario/a xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa “sustentabilidade do territorio” e serve para “poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado”. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asume por completo o financiamento deste proxecto senlleiro, que ascende a máis de 60.000 euros. A iniciativa, presentada polo concello de Curtis, implicará outros 31 municipios das comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza, fomentando o turismo, a creación de riqueza e emprego, así como os seus produtos de calidade.

Os produtores interesados deberán poñerse en contacto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería do Medio Rural, para trasladar as súas solicitudes. Trátase de proporcionar aos apicultores terreos alternativos aos queimados para que as súas explotacións teñan continuidade.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou a adega Alma das Donas en Pantón, onde salientou o labor que desenvolven as persoas viticultoras na conservación da contorna paisaxística, na loita contra a erosión dos viñedos, así como na fixación de poboación no rural. Destacou tamén a importancia desta contorna, candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas