Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co director de Aldealista, Juan Carlos Pérez, no que abordaron distintos aspectos do programa RuralHaus, unha iniciativa destinada a seguir impulsando a revitalización do rural galego.

Resolución pola que se declara admitido un novo aspirante na lista definitiva de persoas admitidas e excluidas do proceso de selección dun titulado/a superior xestor do proxecto Down To Earth.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que fai oficial unha nova edición dos galardóns da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que contarán cun primeiro premio de 10.000 euros e un segundo de 3.000. Nesta edición establécense seis categorías: mocidade, proxectos de interese social, sector agro-gandeiro, mulleres, innovación tecnolóxica e recuperación e posta en valor da terra agraria. Entre os criterios de valoración destacan o impacto socio-económico no territorio, a creación de emprego, a sustentabilidade ambiental ou a inserción laboral da muller e de colectivos desfavorecidos, entre outros.

A conselleira María José Gómez visitou hoxe en Sober os viñedos dalgúns dos case 800 beneficiarios destas achegas, convocadas por primeira vez a finais do pasado ano. As axudas permitirán levar a cabo accións en 810 hectáreas de terreo inscritas dentro da Denominación de Orixe, entre as que destacan as 170 situadas no concello de Sober. As achegas forman parte dun paquete de medidas de apoio aos viticultores desta DO moito máis amplo e que se puxo en marcha o pasado ano ante o contexto internacional de excedentes de viño tinto. Gómez sinalou que se segue a traballar co Consello Regulador nunha folla de ruta a medio e longo prazo na que se aposta pola calidade e pola diversificación de mercados.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas