Novas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa. A xuntanza centrouse na cooperación entre Xunta e Concello a prol do desenvolvemento rural neste municipio ourensán.

A conselleira participou en varias presentacións e eventos de promoción desta riqueza, que enmarcou dentro de Galicia Calidade como “compromiso coa excelencia”. Gómez interveu nas presentacións da Ruta das igrexas e da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa; da XVIII edición da guía ... E para comer, Lugo; dos certames Termatalia e Xantar, que se celebran en Expourense; e das Olimpíadas Rurais de Friol.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, co obxectivo reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

As solicitudes das subvencións poderán presentarse no prazo dun mes, contado a partir de mañán.

A conselleira participou en Lugo na presentación da Cátedra Unesco Reservas de Biosfera Atlánticas, que tivo lugar no Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-Ibader da USC. Salientou que iniciativas como esta “contribúen decisivamente” a acadar “un rural vivo, innovador e atractivo, no que a xente poida e queira quedar, vivir e emprender”.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas