Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A conselleira do Medio Rural reuniuse hoxe coa xunta directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural onde asegurou que se seguirá colaborando con estas entidades de cara á próxima convocatoria das achegas Leader. Gómez rexeitou de novo a proposta orzamentaria da PAC a partir de 2028, baseada nun fondo único para os estados membros que non blinda todas as medidas e que pon en perigo fondos beneficiosos para Galicia como é a medida Leader.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello ourensán de Sarreaus, Gumersindo Lamas, para afondar na colaboración coa Consellería do Medio Rural a prol da mobilización de terra agraria a través de ferramentas como son as concentracións parcelarias.
A conselleira María José Gómez visitou hoxe estas obras, que favorecerán o tránsito de vehículos agrícolas e impedirán os asolagamentos nos terreos adxacentes cando se produzan enchentes. Asegurou que se trata dun investimento “en favor da poboación rural” para afondar na mellora da súa mobilidade e a saída das producións do agro de cara os mercados. Sinalou que esta iniciativa forma parte do compromiso do Goberno autonómico a prol das infraestruturas rurais, cuxo compromiso orzamentario se segue mantendo en 2026, con 4,2 millóns de euros.
Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para realizar un proxecto con outros fins pode dirixirse ao Banco, que mantén unha listaxe actualizada das parcelas dispoñibles. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia ou desde a páxina web do Banco de Terras de Galicia.
Paxinación
