Novas

09.06.2026
A Xunta destaca o labor de iniciativas como a Rural University Hub pola súa contribución ao desenvolvemento destas contornas
Rural University Hub

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na clausura do curso de Emprendemento Rural, Innovación Tecnolóxica e Desenvolvemento Local, enmarcado na Rural University Hub. Durante a súa intervención destacou a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o desenvolvemento das contornas rurais. 

A Rural University Hub é un proxecto impulsado polo Concello de San Xoán de Río en colaboración con outras entidades, que ten como obxectivo transformar o territorio nun referente de innovación, educación de vangarda e emprendemento rural.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas