Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou esta tarde na mesa redonda Oportunidades de negocio no rural organizada pola asociación Semente Ribeira Sacra co apoio do Goberno autonómico. Durante a súa intervención, Rodríguez lembrou as iniciativas postas en marcha pola Xunta con este obxectivo, como as achegas para fortalecer o emprego en sectores non agrícolas, o Plan Camiña Rural ou o compromiso coa mobilización da terra.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na clausura e entrega de premio da terceira edición das Olimpíadas Rurais de Friol, que se celebraron ao longo desta fin de semana na localidade. Nela, salientou o papel deste evento como elemento de dinamización socioeconómica do rural.

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as instalacións desta empresa, que foi beneficiaria o pasado ano dunha achega específica para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria. A convocatoria 2026 destas axudas resolveuse cun orzamento de 2,1 millóns de euros, que permitirán apoiar 41 proxectos, o que facilitará a creación de 39 novos empregos. Na última década, a Consellería do Medio Rural mobilizou máis de 23 millóns de euros para seguir promovendo esta liña de achegas, con preto de 550 empresas beneficiarias.

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución da última convocatoria destas axudas, dotadas con máis de 1,5 millóns de euros. Con estas achegas ponse en valor a importancia do sector vinícola para o desenvolvemento económico da zona, así como o labor que realizan os viticultores.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas