Banco de Terras

 

Que é o Banco de Terras?

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

Se vostede posúe terras e lle interesa ofrecer as súas parcelas ao Banco de Terras de Galicia ou ben se necesita terras para levar a cabo o seu proxecto, pode atopar na ferramenta web do banco de terras as parcelas dispoñibles, así como consultar os trámites que hai que levar a cabo para cada un dos casos. Pode ademais realizar parte dos trámites a través de Internet, así como coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes.

É vostede unha persoa que ten terras e non lles dá aproveitamento?

Consulte aquí o que lle pode ofrecer o Banco de Terras e os trámites a seguir para incorporar esas fincas ao Banco de Terras.

Necesita vostede terras para desenvolver o seu proxecto?

Consulte aquí como pode solicitar a cesión de fincas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

Para calqueira dúbida, ou se desexa máis información, pode poñerse en co Banco de Terras a través do teléfono: 881 997 193 ou do correo electrónico: bancodeterras@xunta.gal