A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na Mesa Nacional do Regadío, na sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que ten como finalidade promover e facilitar a cooperación, consulta, análise e intercambio de información entre as comunidades autónomas e o Goberno central en materia de regadíos e de aplicación da auga na agricultura, así como o resto de partes interesadas para facilitar a gobernanza e o desenvolvemento eficiente da política de regadíos en España.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión cunha delegación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos encabezado polo seu decano, Pedro Calaza.
O que fai único ao teu pobo merece unha visita. Axúdanos a que non se perda. Dirixido ás vilas de menos de 5.000 habitantes, nas 17 comunidades autónomas.
O teu pobo ten algo único que merece ser coñecido?








