Subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais

Axudas destinadas a proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en entidades de poboación situadas nas zonas rurais de Galicia, co fin de apoiar a prestación de servizos básicos locais que propicien a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, na procura de satisfacer as necesidades dos habitantes das zonas rurais e das empresas que se localicen nesas áreas.

Prazo aberto
Prazo pechado

Neste intre non temos ningunha liña aberta deste tipo de axudas.

Preme aquí se desexas que te avisemos de vindeiras convocatorias.

Proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais 2026
Prazo de solicitude ata:
13/02/2026
Dirixido a:
Concellos
Porcentaxe máximo da axuda:
100%
Proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais 2026

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

Enlace á aplicación para a solicitude da axuda>>

 

Documentación
Prazo aberto
Axudas a servizos básicos locais en Aldeas Modelo 2024
Prazo de solicitude ata:
21/03/2024
Dirixido a:
Concellos
Porcentaxe máximo da axuda:
100%
Axudas a servizos básicos locais en Aldeas Modelo 2024

 

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

Máis información>>

 

Resolución de 19 de decembro 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

Estas axudas están destinadas a proporcionar á poboación rural desas áreas territoriais os servizos e dotacións básicas que cubran as súas principais necesidades, propiciando a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes.


Enlace á aplicación para a solicitude da axuda>>

 

DOCUMENTACIÓN
Prazo aberto