Subvencións para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader

Axudas orientadas á posta en marcha de proxectos produtivos que fomenten a creación e/ou o mantemento de emprego e de proxectos non produtivos que beneficien ao conxunto da poboación en xeral.

Dirixido a: Entidades públicas de carácter local ou comarcal e ás persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Ligazón ao DOG

 

Convocatoria 2025

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025. (Código de procedemento MR701L).

Son xestionadas a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego, que actúan como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión do Leader. Os proxectos poderán ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é lucrativa ou non lucrativa.

Prazo de solicitude ata: 30/05/2025

 

Tramitación en liña

Para tramitar a axuda deberá acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia, ao procedemento MR701L.