Rural Sustainability Transistions through Integration of Knowledge for improved policy processes

 

RUSTIK (Rural Sustainability Transistions through Integration of Knowledge for improved policy processes) é un proxecto interdisciplinario de ámbito internacional, que conta co apoio do programa comunitario de investigación HORIZON EUROPE 2021-2027 e conta cun orzamento de perto de 7M€.

O proxecto pon en común o traballo de investigadores e dos organismos responsables de aplicar políticas rurais no continente e recolle un extenso cadro de traballos e actuacións a desenvolver de xeito conxunto por tódolos socios ao longo dos vindeiros 48 meses.

Galicia conta co status de rexión piloto para este proxecto, no que as aldeas modelo de Galicia foron seleccionadas como espazo privilexiado para o poñer en marcha laboratorios vivos (Living labs), que permitirán testar os resultados do proxecto. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela cooperarán entre eles e cos restantes socios do proxecto para definir e testar en Galicia a viabilidade de todo tipo de actuacións susceptibles de facer efectiva a transición cara a un rural sostenible a través da integración nas políticas públicas das conclusións das principais investigación en marcha neste terreo.

O obxectivo central do proxecto é o reforzo dos procesos de transición cara a comunidades rurais máis resilientes, inclusivas, saudables e verdes, en lína coas grandes directrices da Unión Europea e os ODS, e permitirá a colaboración a longo de 4 intensos anos de 31 socios procedentes de 10 países europeos (Austria, Alemania, Eslovenia, Francia, Finlandia, Bulgaria, Italia, Polonia, Reino Unido y España), entre os que figuran centros de investigación, organizacións non gubernamentais e entidades sen ánimo de lucro de ámbito comunitario e nacional, administracións públicas e máis empresas do ámbito da innovación e a tecnoloxía.

 

Mais información>>

 

Documentación