Os prezos de arrendamento do Banco de Terras son propostos ao Consello da Xunta - que é quen os aproba - por un organismo creado pola Lei 7/2007 e confirmado na Lei de mobilidade de terras de 2011: a Comisión Técnica de Prezos e Valores.
Esta comisión, adscrita á consellería competente en materia de agricultura, reúnese como mínimo unha vez ao ano e está formada por:
· | Unha presidencia e unha vogalía, nomeadas pola persoa titular da consellería competente en materia de agricultura |
· | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de facenda |
· | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio |
· | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza |
· | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de montes |
· | Unha vogalía, nomeada polo Xurado de Expropiación de Galicia |
· | Unha vogalía, nomeada polo organismo representativo dos municipios e das provincias galegas |
· | Unha vogalía, nomeada pola Xerencia Rexional do Catastro |
· | Unha vogalía, nomeada polo asociacionismo do cooperativismo agrario galego |
· | Tres vogais, persoas nomeadas polos representantes das organizacións profesionais agrarias pertencentes ao Consello Agrario Galego |
· | Tres persoas en nome e representación da entidade xestora do Banco de Terras de Galicia, nomeadas pola entidade xestora, con voz pero sen voto |
· | Un secretario ou secretaria, persoa nomeada pola consellería competente en materia de agricultura de entre os funcionarios e funcionarias ao servizo da devandita consellería, con voz pero sen voto |
Os prezos fíxanse por unidade de superficie en función da parroquia de ubicación e o tipo de terras (labradío, prado, etc). Como cada finca pode ter un porcentaxe de diferentes tipos de terras, o prezo de cada finca obtense por multiplicación da superficie de cada tipo de terra que posúe e o valor unitario da parroquia no que está. Isto é: cada finca terá un prezo de arrendamento en principio diferente.
Información sobre os prezos de referencia do Banco de Terras
Preme na provincia que queres consultar:
Prezos de referencia 2023 | |||
A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
Prezos de referencia de exercicios anteriores | ||||
2022 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2021 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2020 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2019 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2018 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2017 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2016 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
2015 | A Coruña | Lugo | Ourense |