Permutas de especial interese agrario

As permutas de interese agrario son una ferramenta eficaz para a mobilización de terras. Grazas a este instrumento, os propietarios de predios rústicos poderán intercambialos mediante mutuo acordo, mellorando a productividade das explotacións agrarias das devanditas zonas.

Procedemento a seguir para presentar as solicitudes

 

1. Presentación

Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, acompañado do anexo I.

 

acceso_xalea.jpg

A presentación electrónica será obrigatoria para: administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

2. Achega da documentación necesaria no procedemento

Unha vez cumprimentados os datos do procedemento, deberanse achegar como documentación complementaria os seguintes anexos dispoñibles no apartado Anexar documentación.

Ademais, deberanse incluír os seguintes documentos segundo sexa o caso:

  • Documentos acreditativos da personalidade.
  • Documentos acreditativos da titularidade dos predios a permutar.
  • No caso de permutas con modificación de extremas: Documento técnico coa reestructuración proposta das parcelas.

Axudas para permutas de especial interese agrario

 

Desde a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural queremos promover a figura das permutas de especial interese agrario, a través da subvención aos titulares destas permutas dos gastos notariais derivados da súa tramitación. 

As axudas concederánse en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotamento do crédito.

     

    acceso_mr709b.png