Os prezos de arrendamento do Banco de Terras son propostos ao Consello da Xunta - que é quen os aproba - por un organismo creado pola Lei 7/2007 e confirmado na Lei de mobilidade de terras de 2011: a Comisión Técnica de Prezos e Valores.
Esta comisión, adscrita á consellería competente en materia de agricultura, reúnese como mínimo unha vez ao ano e está formada por:
| · | Unha presidencia e unha vogalía, nomeadas pola persoa titular da consellería competente en materia de agricultura | 
| · | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de facenda | 
| · | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio | 
| · | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza | 
| · | Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellería competente en materia de montes | 
| · | Unha vogalía, nomeada polo Xurado de Expropiación de Galicia | 
| · | Unha vogalía, nomeada polo organismo representativo dos municipios e das provincias galegas | 
| · | Unha vogalía, nomeada pola Xerencia Rexional do Catastro | 
| · | Unha vogalía, nomeada polo asociacionismo do cooperativismo agrario galego | 
| · | Tres vogais, persoas nomeadas polos representantes das organizacións profesionais agrarias pertencentes ao Consello Agrario Galego | 
| · | Tres persoas en nome e representación da entidade xestora do Banco de Terras de Galicia, nomeadas pola entidade xestora, con voz pero sen voto | 
| · | Un secretario ou secretaria, persoa nomeada pola consellería competente en materia de agricultura de entre os funcionarios e funcionarias ao servizo da devandita consellería, con voz pero sen voto | 
Os prezos fíxanse por unidade de superficie en función da parroquia de ubicación e o tipo de terras (labradío, prado, etc). Como cada finca pode ter un porcentaxe de diferentes tipos de terras, o prezo de cada finca obtense por multiplicación da superficie de cada tipo de terra que posúe e o valor unitario da parroquia no que está. Isto é: cada finca terá un prezo de arrendamento en principio diferente.
Información sobre os prezos de referencia do Banco de Terras
Preme na provincia que queres consultar:
| Prezos de referencia 2025 | |||
|---|---|---|---|
| A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| Prezos de referencia de exercicios anteriores | ||||
|---|---|---|---|---|
| 2024 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2023 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2022 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2021 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2020 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2019 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2018 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2017 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2016 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 
| 2015 | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | 

 
  
  
  
 
