Arrendamentos

Calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para desenvolver un proxecto con outros fins (ambientais, paisaxísticos, de custodia do territorio, de infraestruturas, patrimoniais, de conservación da natureza …) pode dirixirse ao Banco de Terras. Nel poderá atopar unha relación permanentemente actualizada das fincas que están dispoñibles e solicitar o seu arrendamento ou cesión por un período de tempo determinado.

O SITEGAL, a través desta páxina web, ten unha lista actualizada de todas as parcelas dispoñibles no Banco de Terras de Galicia que vostede poderá consultar dende calquera ordenador conectado a Internet. Para iso, vaia a sección Ver parcelas incorporadas. Ademais, poderá buscar nesa lista as parcelas que máis lle poidan interesar entre todas as dispoñibles para o que terá que ir á sección Buscar parcelas premendo no botón que se atopa na parte inferior da lista de parcelas. Alí poderá buscar, por exemplo, as parcelas dispoñibles no seu concello. Tamén poderá solicitar esa información nas Oficinas Agrarias Comarcais ou nas oficinas centrais do Banco de Terras en Santiago.

O primeiro que terá que facer se quere arrendar unha parcela é unha solicitude de arrendamento. Esta solicitude pódea facer directamente a través desta páxina web. Para iso, unha vez que vostede identifique unha parcela que lle interese ten que premer sobre ela. Na nova páxina poderá ver máis detalles sobre a parcela e debaixo do mapa no que se representa a parcela atópase a opción "Solicitar arrendamento". Cubrindo a información que alí se lle pedirá e seguindo os pasos que se lle indicarán, introducirase a solicitude no sistema. Cando vostede remate de introducir a solicitude de arrendamento, poderá descargar un borrador da mesma e o sistema permitiralle elixir entre presentar a solicitude de xeito presencial nunha oficina de rexistro ou presentala electrónicamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Se opta pola primeira opción deberá acudir ás oficinas centrais do Banco de Terras en Santiago ou dirixirse a calquera Oficina Agraria Comarcal para rexistrar a súa solicitude diante dun xestor. Ten a posibilidade de indicar se desexa arrendar a parcela por máis de 5 anos, nese caso o propietario deberá dar o seu consentimento. A solicitude de arrendamento tamén se pode realizar directamente en calquera Oficina Agraria Comarcal ou nas oficinas centrais do Banco de Terras en Santiago.

Unha vez rexistrada a solicitude de arrendamento, o Banco de Terras porase en contacto con vostede comunicándolle se foi aceptada ou non e indicaralle o procedemento a seguir para formalizar o arrendamento.

As solicitudes soamente poderán ser feitas en determinados momentos do ano:

· A incorporación de fincas polos seus propietarios/as así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.
·

Actualmente, nos arrendamentos ordinarios, ábrense dous períodos ao ano cunha duración de 15 días hábiles. O primeiro ábrese o 1 de maio e o segundo o 1 de novembro de cada ano.

Ademais, se non atopa ningunha parcela do seu interese, pode indicarnos onde lle gustaría arrendalas e o Banco intentarase poñerse en contacto con vostede cando se atope algunha finca coas características que lle interesen.

¿Que acontece se varias persoas solicitan a mesma parcela? 

Darase o caso de concorrencia cando se presenten varias solicitudes de arrendamento sobre unha mesma finca no mesmo prazo establecido para a solicitude de arrendamento.

Se iso acontece e se reciben varias solicitudes sobre a mesma finca no prazo anteriormente indicado, teranse en conta os criterios de ponderación que se recollen en Criterios de adxudicación á hora de avaliar as solicitudes de arrendamento. A parcela será asignada á persoa ou explotación que reúna máis puntos.

Non haberá lugar á concorrencia cando no momento de solicitarse a incorporación dunha finca de propiedade particular ao Banco de Terras, xa exista acordo entre o propietario e o arrendatario sobre o arrendamento daquela.