Novas

A conselleira do Medio Rural trasladouse ata as instalacións en Monforte de Lemos para coñecer as melloras incorporadas na fabricación de maquinaria ao abeiro das axudas a terceiros da intervención Leader, cunha aportación de máis de 75.000 euros. A convocatoria de 2025 desta liña de apoio, dotada cun orzamento de 12,6 millóns de euros, recibiu preto de 600 solicitudes para posta en marcha diferentes proxectos. Ademais, fixo fincapé en que este financiamento “periga” coa proposta de nova PAC porque se eliminarían os dous piares e asegurou que son uns fondos “esenciais” para Galicia á hora de fixar poboación e crear emprego nas zonas rurais.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta tarde unha xuntanza co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que serviu para seguir reforzando a colaboración entre ambos departamentos a prol do rural deste municipio.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Outes, Francisco Calo. No encontro avaliouse a colaboración entre o Concello e a Consellería para impulsar proxectos en beneficio do rural deste municipio.

A conselleira María visitou hoxe a zona para poñer en valor os avances dos diferentes programas europeos que se están levando a cabo e que promoven o desenvolvemento rural. No marco de Aldealix, estase a piques de poñer en funcionamento a rede de calor con caldeira coa que se dará servizo de calefacción a 33 vivendas da aldea a partir do aproveitamento da biomasa. Dentro de Paisactivo-Paisaxe cortalume, vén de asinarse un convenio co Concello de Monterrei para realizar unha serie de actuacións que melloren a xestión sostible dos terreos agroforestais ao mesmo tempo que se dinamiza o núcleo de poboación.
 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas