Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co alcalde do concello de Laxe, Francisco Charlín, no que abordaron diferentes cuestións de interese para o municipio.

A conselleira do Medio Rural visitou en Vedra as instalacións desta entidade, recoñecida o pasado ano co primeiro premio ao Desenvolvemento Rural da Xunta na categoría de Proxectos de interese social. Valorou e agradeceu o traballo desta asociación, que segundo salientou contribúe de xeito moi positivo e directo a mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade e ofrece unha rede de apoio para os seus familiares.

Resolución do 11 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior vinculada co Proxecto POCTEP Paisactivo-Paisaxes cortalumes: activación do espazo rural para un territorio resiliente, seleccionado polo Programa Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, para a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dunha praza de titulado/a superior de apoio aos procesos de planificación estratéxica territorial.

Resolución do 3 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor/a do proxecto Down to Earth.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas