Novas

A conselleira do Medio Rural e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participaron no acto de sinatura do convenio, dotado con máis de 516.000 euros. A iniciativa dará servizo a varios edificios municipais e enmárcase no proxecto Interreg Poctep Aldealix, de uso de recursos do monte para xerar calor en pequenos núcleos coa creación de comunidades enerxéticas locais baseadas en biomasa forestal. María José Gómez salientou que o proxecto une innovación, sustentabilidade e compromiso co agro, co fin de aproveitar recursos locais para xerar enerxía sostible, mellorar a eficiencia e contribuír ao desenvolvemento da comunidade. Román Rodríguez destaca que a actuación se aliña cos obxectivos do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que busca mellorar a eficiencia enerxética dos centros.
 

Resolución do tribunal que avalía o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, para a cobertura dunha plaza de titulado/a superior xestor/a do proxecto Down to Earth, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da primeira fase do proceso.
 

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta tarde unha reunión co alcalde de Verea, José Antonio Pérez Valado. O encontro serviu para explorar posibles vías de colaboración a prol da recuperación do patrimonio senlleiro deste municipio ourensán.
 

Resolución do tribunal que avalía o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, para a cobertura dunha praza de titulado/a superior xestor/a de proxecto Paisactivo, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da segunda fase do proceso.
 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas