Novas

18.11.2025
A Xunta afonda na súa colaboración co Concello de Frades a prol da mellora de infraestruturas rurais e da mobilización de terra agraria
La Xunta ahonda en su colaboración con el Ayuntamiento de Frades

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello coruñés de Frades, Roberto Rey, para afondar na súa colaboración en temas como a mellora de infraestruturas rurais e de mobilización de terras.

Neste sentido, a directora xeral e o rexedor avaliaron as posibilidades de cooperación en proxectos que melloren a accesibilidade nos núcleos de poboación, así como as oportunidades que brinda o Banco de Terras á hora de facilitar fincas para usos agrícolas, gandeiros ou forestais.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas