Novas

A conselleira María José Gómez visitou hoxe en Sober os viñedos dalgúns dos case 800 beneficiarios destas achegas, convocadas por primeira vez a finais do pasado ano. As axudas permitirán levar a cabo accións en 810 hectáreas de terreo inscritas dentro da Denominación de Orixe, entre as que destacan as 170 situadas no concello de Sober. As achegas forman parte dun paquete de medidas de apoio aos viticultores desta DO moito máis amplo e que se puxo en marcha o pasado ano ante o contexto internacional de excedentes de viño tinto. Gómez sinalou que se segue a traballar co Consello Regulador nunha folla de ruta a medio e longo prazo na que se aposta pola calidade e pola diversificación de mercados.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou A Estrada para poñer en valor a convocatoria destas axudas, que promoven ferramentas como as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada. Durante a visita puido coñecer un proxecto de mobilización de terra a través de permutas que se quere levar a cabo neste concello. As persoas que acrediten a posta en marcha de ditos instrumentos poden optar a esta achega, que conta cun orzamento de 100.000 euros para os anos 2025 e 2026. Como novidade, nesta convocatoria inclúense as axudas para gastos de asesoramento técnico e xurídico, un recurso moi demandado polos propios propietarios que queren acometer este tipo de procesos.

A conselleira coñeceu o establecemento, que foi beneficiario destas achegas para modernizar as súas instalacións e promocionar a gastronomía galega tradicional cun enfoque contemporáneo. A intervención Leader dispón dun orzamento de 56,9 millóns de euros ata o ano 2027, dos cales 39,6 millóns son para financiar as operacións a terceiros, que nesta convocatoria recibiu 600 solicitudes para desenvolver proxectos deste tipo.

Resolución DEFINITIVA de admitidos e excluidos do proceso de selección dun titulado/a superior xestor do proxecto Paisactivo.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas