A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta tarde unha xuntanza co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que serviu para seguir reforzando a colaboración entre ambos departamentos a prol do rural deste municipio.

O encontro centrouse no impulso á dinamización territorial do agro no concello mediante os procesos de concentración parcelaria, así como na mellora de infraestruturas rurais. Tamén se avaliaron posibles liñas de cooperación entre ambas administracións no ámbito da investigación e experimentación agraria, a través da posta en valor conxunta de recursos municipais.