A Xunta avalía vías de colaboración co Concello de Arzúa para mellorar as súas infraestruturas rurais
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril. A xuntanza centrouse en avaliar posibles vías de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello en materia de mellora das infraestruturas rurais do municipio.