Novas

27.11.2025
A Xunta destaca a contribución da medida Leader no desenvolvemento do medio rural galego
La Xunta destaca la contribución de la medida Leader en el desarrollo del medio rural gallego

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu esta mañá á 8ª reunión do grupo Leader en Barcelona.

Alí, a directora xeral puxo de relevo a importancia que ten esta medida para Galicia, con repercusións moi positivas na creación de emprego e fixación de poboación nas contornas rurais da comunidade, favorecendo a súa dinamización económica e social. Destacou tamén que mentres a medida Leader estivo incluído no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, puideron aprobarse máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Mobilizáronse tamén 169 millóns de euros cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

O obxectivo desta xornada é favorecer o contacto entre as diferentes comunidades autónomas co fin de debater retos territoriais e compartidos dende a cooperación transfronteiriza. O encontro combina relatorios, espazos de debate, visitas a proxectos locais e actividades para impulsar redes de traballo colaborativo entre os asistentes, así como crear un espazo de diálogo no que compartir experiencias.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas