Novas

25.03.2026
Medio Rural participa na clausura da mostra fotográfica De cando as vacas son vacas en Curtis
Medio Rural participa en la clausura de la muestra fotográfica

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe á clausura da mostra fotográfica De cando as vacas son vacas, de José Luis Míguez, tras máis de dous meses exposta na Casa Museo de María Antonia Dans, situada no concello de Curtis.

De cando as vacas son vacas é unha exposición con máis de medio cento de fotografías nas que se amosa a convivencia con estes animais e a conexión que se establece con eles. A mostra ten carácter itinerante, polo que se trasladará a outros concellos galegos tralo seu paso pola Casa Museo de María Antonia Dans.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas