Novas

19.06.2026
A Xunta avanza na colaboración co concello de Guntín na mellora de infraestruturas e camiños rurais
A Xunta avanza na colaboración co concello de Guntín

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde, Ángel Pérez, e con representantes da comunidade de montes veciñais en man común de Pradeda, para abordar asuntos de interese para os veciños.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe en Lugo co alcalde de Guntín, Ángel Pérez, e con representantes da comunidade de montes veciñais en man común de Pradeda, co obxectivo de abordar diferentes asuntos de interese municipal e avanzar en novas vías de colaboración no ámbito das infraestruturas rurais.

En concreto, os avances na cooperación céntranse en asuntos como a mellora das infraestruturas e accesos de uso público e o mantemento de camiños, tendo en conta a importancia dunha coordinación permanente para garantir un adecuado estado de conservación destas vías, fundamentais para a mobilidade, a actividade agrogandeira e o desenvolvemento do territorio. Así mesmo, tratáronse distintas actuacións municipais que poden contribuír á posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e paisaxísticos da zona, fomentando iniciativas que redunden en beneficio dos veciños.

Púxose ademais de manifesto a necesidade de continuar traballando de xeito conxunto para impulsar actuacións que favorezan o desenvolvemento local, a mellora dos servizos e a calidade de vida da cidadanía, fortalecendo a cooperación institucional e veciñal como ferramenta para afrontar os retos presentes e futuros do municipio.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas