María José Gómez destaca a importancia das feiras no desenvolvemento social e económico do rural
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na inauguración da XVIII edición da Feira de Artesanía do concello lucense de Outeiro de Rei, onde destacou a importancia deste tipo de eventos no desenvolvemento social e económico das contornas rurais.
María José Gómez puxo en valor tamén os traballos feitos a man nestas contornas, que contribúen a conservar e enxalzar o saber tradicional que caracteriza á cultura galega.
