Novas

15.07.2026
María José Gómez insiste na importancia de reclamar unha PAC forte e ben dotada para impulsar o desenvolvemento rural
María José Gómez insiste en la importancia de reclamar una PAC fuerte

A conselleira do Medio Rural presidiu hoxe unha xuntanza de traballo cos GDR, na que avaliaron a execución destes fondos e puxeron en valor a súa contribución á creación de emprego e á fixación de poboaciónGómez destacou a repercusión desta medida na comunidade, xa que permite impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa e que garante ademais a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas. Lembrou que neste 2026 se publicou a maior convocatoria da historia destas axudas, cun orzamento de 28,7 millóns de euros para o período 2026-2028.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, insistiu hoxe na importancia de seguir reclamando unha Política Agraria Común a partir de 2028 forte e ben dotada, co obxectivo de poder continuar co apoio a iniciativas que contribúan ao desenvolvemento rural a través da intervención Leader, un dos programas máis importantes para a comunidade dentro da PAC.

Fíxoo durante a reunión de traballo mantida esta mañá cos presidentes e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), xuntanza na que tamén participou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e na que avaliaron a execución destes fondos na nosa comunidade.

María José Gómez asegurou que estes grupos son axentes “esenciais” por estar pegados ao territorio e, polo tanto, ser os maiores coñecedores das necesidades da súa actuación e así desenvolver proxectos adaptados a cada realidade específica.  Neste sentido, sinalou que a intervención Leader permite impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa, baseada nun enfoque de abaixo a arriba, e que garante ademais a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas.

Lembrou tamén que a medida contribúe a mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural. Ao tempo, favorece a dinamización do tecido socieconómico destas contornas ao impulsar a súa economía con proxectos que xeran postos de traballo e fixan poboación. Así, Gómez fixo referencia á convocatoria 2025 destas achegas, que se resolveu con 11,3 millóns de euros e 346 proxectos aprobados, o que implica a creación ou mantemento de 930 empregos.


Convocatoria histórica

De feito, neste 2026 o Goberno autonómico publicou a maior convocatoria da historia das axudas Leader, cun orzamento de 28,7 millóns de euros para o período 2026-2028, e que recibiu preto dun milleiro de solicitudes, un 65 % máis con respecto á anterior.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas