Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, visitou hoxe os traballos de mellora nos camiños de acceso a parcelas en Friol incluído no proxecto de permutas de especial interese agrario na parroquia de Nodar, co que se mobilizaron 162 hectáreas. En concreto nesta parroquia investíronse máis de 60.000 euros e está prevista outra actuación nos núcleos de Busto e A Covariza, cun orzamento de máis de 210.000 euros. No termo municipal estase traballando na declaración de 410 hectáreas máis en dous proxectos de permutas de especial interese agrario, co obxectivo de mobilizar o terreo e evitar o seu abandono.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa do concello coruñés de Vimianzo, Mónica Rodríguez, con quen avaliou novas iniciativas para avanzar na reestruturación de terras neste municipio.
Esta localidade recibiu esta achega económica ao abeiro das axudas destinadas a mellorar os servizos básicos no rural e fixar poboación. A través deste orzamento, o concello está a modernizar a rede de alumeado público en diversas zonas da localidade e a mellorar a accesibilidade e a recollida de residuos na residencia San Pedro.
A conselleira do Medio Rural visitou unha das actuacións acometidas no concello de Palas de Rei, que recibiu case 269.000 euros nos últimos tres anos para mellorar as súas infraestruturas viarias. Todos os concellos galegos poden ser beneficiarios do Plan Camiña Rural e con el subvenciónanse a ampliación e a mellora de camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Ao abeiro destas achegas, que se convocan anualmente, destináronse preto de 156 millóns de euros desde 2016, que permitiron actuar en case 6.700 camiños cunha lonxitude total de 5.200 quilómetros.
Paxinación
