Ampliación e modernización de empresas non agrícolas

Axudas orientadas á ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de maquinaria e equipamento destinado a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos e á consolidación dos existentes e, en última instancia, consolidar e impulsar a dinamización económica dos territorios rurais.

Prazo aberto
Prazo pechado

Neste intre non temos ningunha liña aberta deste tipo de axudas.

Preme aquí se desexas que te avisemos de vindeiras convocatorias.

Subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria 2026
Prazo de solicitude ata:
19/02/2026
Dirixido a:
Pequenas empresas sitas en zonas rurais. Persoas físicas que residan en zona rural. Titulares dunha explotación agraria ou membros da unidade familiar.
Porcentaxe máximo da axuda:
50%
Subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria 2026.

Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

 

Máis información>>

 

 

Tramitar electrónicamante a solicitude da axuda>>

 

Documentos
Prazo aberto
Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2025
Prazo de solicitude ata:
28/02/2025
Dirixido a:
Pequenas empresas ubicadas en zonas rurais. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
Porcentaxe máximo da axuda:
45%
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS 2025

 

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución de 26 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

Máis información>>

 

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024  pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).
 
Estas axudas están destinadas a financiar a adquisición de maquinaria e equipamento co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que están a desenvolver actividades non agrícolas en zonas rurais

 

Tramitar electrónicamante a solicitude da axuda>>

 

 

 

Documentos
Prazo aberto
boton subscribirse
Fai clic se queres que te avisemos cando se convoque unha nova axuda