Convocatoria Leader 2025-2026

O 30 de abril de 2025, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, así como a convocatoria para o ano 2025.

Esta convocatoria, conta cun orzamento de 12.641.423,36 € para as anualidades 2025 e 2026. Están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 16% pola Administración xeral do Estado e nun 4% pola Xunta de Galicia.

Trátase de axudas ás que poden optar as entidades públicas de carácter local ou comarcal e as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Son xestionadas a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego, que actúan como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión do Leader. Os proxectos poderán ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é lucrativa ou non lucrativa.

 

Como se van xestionar as axudas nesta convocatoria?

As entidades promotoras dos proxectos presentarán, obrigatoriamente as súas solicitudes por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Código de procedemento MR701L.


O pasado día 29 de decembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 15,3 millóns de euros para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Xunta. 

Trátase das axudas ás que poden optar persoas físicas na súa condición de empresas (autónomos), entidades públicas locais e entidades de natureza privada a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas. Os proxectos poderán ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é  lucrativa ou non lucrativa. 

 

Como se van xestionar as axudas nesta convocatoria?

Os promotores de proxectos, tanto produtivos como non produtivos, poderán realizar a súa solicitude de forma telemática, por primeira vez a través dunha plataforma informática (XALEA) propia e configurada para poder xestionar dunha forma sinxela toda a tramitación das axudas Leader.

 

acceso_xalea.jpg

 

Que é XALEA?

XALEA é un sistema de información que da soporte á liña de axudas do procedemento MR701D.
Submedidas:

  • 19.2: apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local
  • 19.4B: custos de animación e promoción territorial.
  • 19.4A: gastos de funcionamento dos GDR.

A continuación amósase unha breve descrición dos pasos a seguir para realizar a solicitude de axuda:

  • Acceso ao sistema
  • Alta da nova solicitude
  • Presentación do borrador en Sede Electrónica

Premendo na seguinte imaxe pode descargar un manual de uso da aplicación para a presentación de solicitudes:

 

banner_uso_xalea.jpg